Instalación

Paso 1

Descarga o .zip que contén os arquivos de TRECE.

Paso 2

Edita index.php e cambia a palabra "inconceivable" (liña 13) por outra palabra. Lembr: canto menos predecible sexa, mellor. Evita tildes, espazos e eñes.

Paso 3

Abre tables.sql e cambia cada aparición de "inconceivable" coa palabra que elixiras no paso anterior. Asegúrate de cambialas todas.

Paso4

No mesmo arquivo, localiza a táboa anteriormente coñecida como inconceivable_users e cambia o enderezo de correo electrónico falso email@domain.com por un real que te pertenzca.

Paso 5

Xa podes subir todas esas queries á tua base de datos MySQL.

Paso 6

Abre core/conf.php, vai ás liñas 156 - 161 e reempraza a configuración de enderezo electrónico falso por una correcta. Esa é a conta para enviar correos electrónicos desde TRECE.

Paso 7

No mesmo arquivo, nas liñas 227 e 228, muda as claves de reCaptcha (pública e secreta) polas túas. Se non as tes, Google fornécechas en https://www.google.com/recaptcha

Paso 8

Edita core/db.php para reemprazar os datos falsos de configuración de base de datos coa información real.

Paso 9

Xa está! Sube ao hosting do teu dominio todos os arquivos (agás tables.sql, obviamente).

Paso 10

Visita a túa recén creada instalación de TRECE, fai clic en Sign in e dille a TRECE que «esqueciches ou descoñeces o teu contrasinal». Recibirás un correo electrónico con instruccións. Non estou seguro de se terás que procurar ese correo no teu cartafol de spam, síntoo.